Paula Ginzo e Raquel Carrera xogarán a final do Eurobasket
Paula Ginzo e Raquel Carrera xogarán a final do Eurobasket
Ginzo anotou 10 puntos e Carrera fixo 8 na vitoria sobre Hungría nunha brillante semifinal (69-60)
A selección española de baloncesto que dirixe o galego Miguel Méndez xa está na final do Eurobásket logo de derrotar a Hungría por 69-60.
Espectacular actuación de Alba Torréns, que anotou 27 puntos con moi boas porcentaxes e capturou 3 rebotes e ofreceu 4 asistencias fronte o combinado húngaro. Gran rendemento defensivo das xogadoras españolas, que no descanso gañaban por 38-28.
Na segunda parte achegáronse as húngaras que se puxeron a tres puntos no treito final do encontro. O acerto español no treito final decidiu. Sobresaínte tamén foi a actuación da galega Paula Ginzo, con 10 puntos e 3 rebotes. A ourensá Raquel Carrera mantivo a súa liña de fiabilidade e anotou 8 puntos, con dous tiros libres decisivos nos últimos segundos.
A final xogarase este sábado na localidade eslovena de Ljubljana.