Publicador de contidos
Publicador de contidos

Paula Prado: "Carmela Silva demostra que ten un feminismo de todo a cen"

Paula Prado: "Carmela Silva demostra que ten un feminismo de todo a cen"

A secretaria xeral do PPdeG critica o trato da presidenta da Deputación con Marta Fernández Tapias nun acto en Vigo

Gravación do momento da polémica foto
G24.gal 03/07/2022 14:08

Unha foto de familia durante unha recepción organizada polo Corpo Consular de Vigo provocou o último desencontro na política galega. 

No momento de colocarse para a instantánea, a presidenta da Deputación de Pontevedra trata de impedir que a Delegada da Xunta na cidade olívica se sitúe para a foto en primeira fila.

Desde o PP aseguran que Carmela Silva se dirixiu a Marta Fernández Tapias con expresións como "ti tes un carguiño menor" ou "non es máis ca unha simple directora xeral". Este domingo a secretaria xeral dos populares galegos, Paula Prado, laiábase do sucedido. 

"A señora Carmela Silva o que demostra é que ten un feminismo de folla de lata, de todo a cen. Que non representa a ningunha muller que traballa na política e tampouco a ningunha muller de Vigo, de Pontevedra e de Galicia".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade