Paula Prado critica nunha homenaxe a Miguel Ángel Blanco o pacto do Goberno con Bildu
Paula Prado critica nunha homenaxe a Miguel Ángel Blanco o pacto do Goberno con Bildu
"A lei Bildu non é memoria nin democracia", dixo a número dous do PPdeG en referencia á Lei de memoria democrática
A número dous do PPdeG cualificou de indigno o pacto con do Goberno con EH-Bildu. Fíxoo tras realizar unha ofrenda floral ante a escultura que lembra na Merca o concelleiro de orixe galega asasinado pola ETA hai 25 anos.
A dirixente popular celebrou a declaración institucional unánime do Parlamento galego de condena do terrorismo e de recoñecemento á figura de Miguel Ángel Blanco, que supuxo un punto de inflexión na loita contra a ETA.
"Non entendemos que a mesma semana do 25 aniversario de Miguel Ángel Blanco o Goberno de España estea pactando con Bildu a Lei de memoria democrática. A lei Bildu non é memoria nin democracia", asegurou paula Prado.