Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pazolandia volve animar o Nadal de Ourense

Pazolandia volve animar o Nadal de Ourense

O parque de atracción dos pavillón Paco Paz estará aberto ata o 4 de xaneiro 

Cunha entrada única de 5 euros pódese acceder a todas as atraccións e actividades

G24.gal 26/12/2022 15:24

Ir ás atraccións de Pazolandia é un ritual asociado ás tradicións de Nadal en Ourense. Nos dous últimos non houbo posibilidade de vir porque as medidas contra a covid aconsellaron suprimir a montaxe deste parque de atraccións temporal. Pero este Nadal, o Pavillón Paco Paz e a súa contorna volven acoller actividades diversas para que todos poidan gozar de novo aínda que sexa con algún cambio de papeis.

É xa a edición número 26 desta actividade promovida pola Deputación de Ourense. A oferta inclúe, amais das atraccións máis clásicas, como a noria, a montaña rusa ou os inchables, outras propostas de realidade virtual, simuladores de movemento, xogos de ‘escape room’ e unha área especifica para os menores de 3 anos. 

Pazolandia permanecerá aberto desde hoxe ata o catro de xaneiro en horario de mañá e tarde. Unha entrada única de 5 euros permite acceder a todas as atraccións e actividades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade