Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pazos, Pontón e Besteiro defenderán no Congreso o traspaso da AP-9 a Galicia

Pazos, Pontón e Besteiro defenderán no Congreso o traspaso da AP-9 a Galicia

Os tres representantes enviados polo Parlamento tomarán a palabra no Congreso, onde o próximo 11 de xuño se vai retomar o debate sobre a transferencia da Autoestrada do Atlántico

G24.gal 29/05/2024 12:08

O voceiro parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos, e os líderes do BNG e PSdeG, Ana Pontón e José Ramón Gómez Besteiro, respectivamente, defenderán no Congreso dos Deputados o traspaso da titularidade da AP-9 a Galicia, unha reclamación que fixo o Parlamento autonómico coa aprobación dunha proposición de lei por unanimidade.

A elección dos parlamentarios realizouse este mércores mediante votación en urna, despois de que onte se confirmara que o Congreso reiniciará o próximo 11 de xuño o debate da iniciativa aprobada polo Parlamento galego para a transferencia a Galicia da AP-9, coa toma en consideración desta iniciativa unánime.

Os tres grupos parlamentarios con representación no Parlamento de Galicia a pasada lexislatura -PPdeG, BNG e PSdeG- aprobaron o pasado 23 de decembro, por cuarta vez e por unanimidade, a proposición de lei para remitir ao Congreso co fin de reclamar a transferencia á comunidade autónoma tanto da titularidade como das competencias sobre a AP-9, a principal autoestrada galega.

“Desexámoslles moita sorte no labor e que veñan co obxectivo cumprido”, díxolles o presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices, aos deputados elixidos para a defensa da proposta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade