Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pecha ao tráfico a rúa de San Andrés na Coruña

Pecha ao tráfico a rúa de San Andrés na Coruña

A circulación estará prohibida ata que rematen os traballos de reurbanización

As obras dividen a veciños e comerciantes

G24.gal 07/08/2024 14:17

Convivir con valados e máquinas non é sinxelo. Sábeno ben os comerciantes da rúa de San Andrés da Coruña. Levan xa cinco meses con obras e o que lles queda porque os traballos de reurbanización acaban de entrar nunha nova fase que supón o peche total á circulación desta vía.

O obxectivo é que a cidadanía teña máis espazo e que tamén os comercios poidan gañar en visibilidade.

Moitos comercios xa están a notar os efectos e entre os viandantes hai opinións encontradas. Porque hai quen pensa que a nova cara de San Andrés atraerá máis visitantes
En seis meses está previsto que rematen os traballos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade