Pecha o salón do automóbil de ocasión de Ourense cunhas vendas do 30 %
Pecha o salón do automóbil de ocasión de Ourense cunhas vendas do 30 %
A sexta edición do Car Outlet recibiu 3.500 visitantes durante a fin de semana
Despacharon 108 vehículos e contan con pechar máis operacións nos próximos días
O salón do automóbil de ocasión de Ourense pechou este domingo as súas portas cun bo balance de vendas malia non atraer o público previsto nunha fin de semana máis propia do verán.
O mercado dos coches usados ou de quilómetro cero segue medrando en Galicia. No primeiro trimestre do ano vendéronse catro veces máis que os vehículos novos.
Desde que se inaugurou o venres pasado, o salón vendeu uns corenta coches diarios, un 30 % dos expostos e confían en pechar máis operacións nos días posteriores.
"Aquí podes velos todos xuntos e comparar. O prezo interesoume e aí está", comenta unha clienta que acaba de mercar un coche.
O prezo é o estímulo principal para a clientela desta feira.
"O cliente sempre busca o mellor prezo. Gastar o menos posible, que teña moitas axudas á condución e que consuma pouco", Teresa López, de Stellantis Ourense.
Aínda que tamén neste mercado subiron os prezos.
Eva André, xerente de COPERSA: "Antes, nas feiras de ocasión buscaban coches 3.000, 5.000, 8.000... Hoxe en día non existe ese vehículo, polo menos comercializado por servizos oficiais que lles queren dar a súa garantía e tranquilidade aos clientes".
As posibilidades abranguían desde os 7.500 aos 80.000 euros.