Pedro Sánchez, proclamado presidente da IS co reto de relanzar a organización
Pedro Sánchez, proclamado presidente da IS co reto de relanzar a organización
O presidente do Goberno reiterou o seu compromiso coa paridade
Zapatero avoga por responder aos insultos da ultradereita con máis cultura
Pedro Sánchez asumiu este domingo o liderado da Internacional Socialista co reto de relanzar o papel desta organización no mundo e impulsar asuntos como a transición ecolóxica e a igualdade entre homes e mulleres.
Á clausura deste Congreso da Internacional Socialista asistiron membros do Goberno, presidentes das comunidades autónomas e dirixentes do partido.
Tamén o expresidente José Luis Rodríguez Zapatero, que animou a traballar para converter esta organización na máis internacional, na máis socialista e na máis feminista do mundo. Apostou pola diversidade e pola cultura fronte aos insultos máis reaccionarios.
"Canto máis insultos, máis cultura, canto máis machismo, máis feminismo".
Entre os retos do seu mandato, Pedro Sánchez salientou a loita contra a emerxencia climática, a aposta por unha economía xusta e inclusiva e ter máis influencia en organismos como a ONU.
Asegura que a revolución deste século é a feminista, felicitouse porque a secretaria xeral da IS é unha muller africana, e reclamou máis implicación dos homes na loita pola igualdade.
"O meu compromiso coa paridade é firme coma os pasos que imos dar para que as mulleres ocupen o lugar que lles corresponde por dereito".