Publicador de contidos
Publicador de contidos

Peleteiro, Toimil e Ben: o trío máxico do atletismo galego domina en España

Peleteiro, Toimil e Ben: o trío máxico do atletismo galego domina en España

Agónicos triunfos de Ana Peleteiro, por 1 centímetro no triplo salto, e de Adrián Ben nos 800 metros (5 centésimas)

Belén Toimil demostrou a súa gran superioridade e gañou no peso cun lanzamento de 17:89

G24.gal 30/07/2023 20:26

O trío máxico do atletismo galego formado por Ana Peleteiro, Belén Toimil e Adrián Ben non decepcionou e os tres levaron a medalla de ouro nos campionatos de España.

O viveirense Adrián Ben impúxose na proba dos 800 metros demostrando o seu instinto na alta competición. Sempre ben colocado, apurou ata a última recta para buscar a remonta e gañar cunha marca de 1:45:01, 5 centésimas menos que Mohamed Attaoui. 

En lanzamento de peso a mugardesa Belén Toimil segue a ser a raíña no panorama español. Fixo un primeiro lanzamento de 17:89, imposible de igualar polas súas rivais. Logo tentou arriscar para acadar a mínima para estar nos mundiais de Budapest, pero non conseguiu mellorar o rexistro. 

Ana Peleteiro tamén logrou o ouro nun gran duelo coa emerxente María Vicente, que meteu presión cun salto de 14:20. A do Barbanza estaba na obriga de facer a súa mellor marca da temporada e acadouno por un só centímetro. Cun chimpo de 14:21 conseguiu proclamarse campioa de España e tentará seguir mellorando a forma para o vindeiro mundial. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade