Publicador de contidos
Publicador de contidos

Perder peso con bótox, o tratamento detrás dos casos de botulismo vinculados a operacións en Turquía

Perder peso con bótox, o tratamento detrás dos casos de botulismo vinculados a operacións en Turquía

Xa se detectaron 67 casos, a maioría alemáns, que viaxaron ao país otomán para operarse

G24.gal 15/03/2023 16:07

Son xa 67 os casos de botulismo de pacientes sometidos a operacións estéticas en Turquía. A maioría son alemáns que se operaron neste país para perder peso cunha inxección de bótox. Algúns destes pacientes presentan síntomas que son graves. En España polo momento non se rexistraron casos. 

Perder peso sen esforzo, sen necesidade de cirurxía e sen pasar fame por un 2.000 euros. Así venden este novo método para adelgazar. Turquía é a pioneira na inxección de toxina botulínica no estómago. O bótox paraliza temporalmente as paredes gástricas para que non se produza sensación de fame.

Agora hai alerta europea ante o aumento de casos de botulismo. O Centro Europeo para a Prevención de Control de Enfermidades detectou xa 67 casos, algúns deles graves.

Todos viaxaron a Turquía a finais de febreiro para someterse a esta nova modalidade de perda de peso. O bótox emprégase en moitos campos da medicina, din os sanitarios que se debe administrar en centros especializados e profesionais e no lugar e nas doses axeitadas para evitar problemas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade