Peregrinos e turistas buscan décimos da lotaría de Nadal en Galicia
Peregrinos e turistas buscan décimos da lotaría de Nadal en Galicia
Ringleiras e diversas administracións galegas como a de Porta Faxeira en Santiago
Xullo e agosto son os meses de venda por excelencia aos visitantes
Mercar lotería de Nadal no lugar onde se pasan as vacacións é un costume arraigado na poboación desde hai décadas, que favorece despois que os premios do sorteo máis agardado do ano acaben repartidos por boa parte de España.
Na administración da porta Faxeira en Santiago saben ben o que é diversificar as vendas por localidades. Peregrinos e turistas de toda España aproveitan o seu paso pola capital galega dende comezos de xullo para mercar esa lotaría coa que buscar e repartir sorte tamén entre os máis achegados. A comezos de setembro xa aumentan as vendas a clientes da contorna nunha proporción máis equilibrada entre veciños e visitantes.
Agosto é, iso si, un bo termómetro tamén de como será esta campaña de Nadal. E polo momento apunta a boa con ringleiras coma estas na porta Faxeira, noutros lugares como Baiona, O Grove ou Sanxenxo durante a pasada fin de semana.
Moitos buscan a sorte nos lugares que visitan para quizais celebrar nos seus fogares no Nadal. Algúns mercan por encargo ou para regalar a familiares ou amigos e hai quen se suma á tradición de compartir décimos con quen coñeceron nos últimos días.