Publicador de contidos
Publicador de contidos

Persoal militar vacinou máis de 20.000 persoas en trece comunidades

G24.gal 08/01/2022 18:39

Os equipos militares que colaboran na vacinación contra a covid administraron máis de 20.000 doses en trece comunidades autónomas, segundo informa este sábado o Ministerio de Defensa.

"Continúa o gran traballo de vacinación por parte de persoal militar. Xa son máis de 20.000 vacinas en apoio á poboación civil. Seguimos sempre co noso compromiso e servizo aos cidadáns", publica o Ministerio liderado por Margarita Robles.

Precisamente, o apoio dos 150 equipos das Forzas Armadas na vacinación contra a covid-19 e o reforzo no rastrexo de contactos de positivos foi unha das decisións que acordou o Executivo central cos gobernos autonómicos tras a conferencia de presidentes do 22 de decembro.

O Exército puxo ao dispor das comunidades, e tamén de Ceuta e Melilla, os seus equipos móbiles (trece xa foron solicitados) para axudar na campaña de inmunización.

En concreto, o Ministerio asignou 50 unidades para Andalucía; cinco para Aragón; unha para o Principado de Asturias; dez para as Illas Baleares; seis para as Canarias; cinco para Cantabria; 22 para Castela e León; nove para Castela-A Mancha; 20 para a Comunidade Valenciana; dúas para Estremadura; dez para Galicia; seis para a Rexión de Murcia; dúas para A Rioxa, unha para Ceuta e e outra para Melilla.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade