Cargando resultados...
Perucho: "Estaria satisfeito con quedar entre os cinco primeiros no Mundial"
Perucho: "Estaria satisfeito con quedar entre os cinco primeiros no Mundial"
O histórico padexeiro de Aldán, de 43 anos e oito veces medallista en campionatos do mundo, regresa a un mundial de piragüismo nove anos despois
G24.gal
15/07/2022 22:28
Última actualización 15/07/2022 23:40
Carlos Pérez Rial, máis coñecido como Perucho, conseguiu clasificarse este xoves para o Mundial de Piragüismo que se celebrará entre os días 3 e 7 de agosto en Halifax, Canadá.
O padexeiro de Aldán, xunto ao tomiñés Roi Rodriguez conseguiron o seu pase ao Mundial en Asturias logo de quedar primeiros nunha das probas raíña do piragüismo español, o K2 500, por diante dos principais favoritos, Carlos Garrote e Cristian Toro.
Perucho pasou polos micros de Galicia en goles para falar do seu regreso a un mundial nove anos despois.