Cargando resultados...
Pescadores de Noia e Lousame alertan dunha vertedura no río Sóñora
Pescadores de Noia e Lousame alertan dunha vertedura no río Sóñora
As troitas mortas e un forte cheiro apuntan a algunha explotación gandeira da zona
G24.gal
09/06/2023 16:28
Última actualización 09/06/2023 18:56
Centos de troitas apareceron mortas este venres no río Sóñora ao seu paso polos concellos de Noia e Lousame. Pescadores da Sociedade de Pesca Noia Lousame alertaron a Garda Civil dunha posible vertedura que pode ser dunha explotación próxima.
Os veciños da comarca de Outes non teñen que preocuparse, porque nesta época do ano non se bombea auga deste río e as autoridades chaman á tranquilidade.
Membros do Seprona, do Servizo de Augas, de Protección Civil e da Sociedade de Pesca estiveron xa reunidos no inicio dunha investigación que determinará a orixe da vertedura.