Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pescanova S. A. remata o seu primeiro semestre fiscal con 531.000 euros de perdas

Pescanova S. A. remata o seu primeiro semestre fiscal con 531.000 euros de perdas

O grupo está dividido dende 2015, a parte produtiva quedou en mans da banca acredora baixo o nome de Nueva Pescanova e a "vella" quedou como unha sociedade de carteira controlada polos accionistas minoritarios

G24.gal 01/08/2023 10:35

Pescanova S. A. pechou o primeiro semestre do seu exercicio fiscal (do 1 de decembro de 2022 ao 31 de maio de 2023) cunha perda neta de 531.000 euros, en contraste con 6.872.000 euros de perdas rexistradas no mesmo período do exercicio anterior.

Así se desprende do informe de resultados do grupo, unha sociedade de carteira sen actividade produtiva, que ten como principal activo unha participación do 0,34 % na súa "irmá" Nueva Pescanova- enviado á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

Os resultados individuais, non achega cifras consolidadas, reflicten que a firma non facturou nos últimos seis meses.

A empresa naceu tras a reestruturación do grupo galego en 2015, dous anos despois de pedir o concurso de acredores, cando se dividiu o grupo: a parte produtiva quedou en mans da banca acredora (Abanca) baixo o nome de Nueva Pescanova e a "vella" quedou como unha sociedade de carteira controlada polos accionistas minoritarios. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade