Pharmamar acusa a EMA de corrupción por non deixarlle vender o seu fármaco contra o cancro de medula
Pharmamar acusa a EMA de corrupción por non deixarlle vender o seu fármaco contra o cancro de medula
Sostén que algúns membros da Axencia Europea do Medicamento están relacionados con empresas rivais
A farmacéutica galega Pharmamar segue pelexando en Bruxelas para que lle permitan vender o seu novo fármaco contra o cancro de medula.
A empresa considera que rexeitaron a súa solicitude por un conflito de intereses, e fala de corrupción dentro da Axencia Europea do Medicamento.
O presidente da compañía galega, José María Fernández Sousa-Faro, asegura que un dos membros da EMA ten relación cunha compañía rival.
O litixio remóntase a 2018, cando a compañía biotecnolóxica presentou unha demanda contra a negativa da Axencia Europea do Medicamento para a comercialización do fármaco fabricado no Porriño.
Dous anos despois, o Tribunal Xeral da UE estimou integramente a demanda de Pharmamar, e condenou a Bruxelas a pagar as custas.
En 2021, Estonia e Alemaña recorreron esta decisión ante o Tribunal de Xustiza de Luxemburgo, que podería emitir o seu veredicto en breve.
Xa se coñecen as conclusións preliminares do avogado xeral deste tribunal: asegura que non houbo conflito de intereses para negar a comercialización do fármaco.