Publicador de contidos
Publicador de contidos

Phil Scrubb, do Obradoiro ao Leyma Coruña

Phil Scrubb, do Obradoiro ao Leyma Coruña

O canadense chega de facer un bo papel na ACB co equipo santiagués

O escolta ten experiencia en ACB en varias etapas

Phil Scrubb. Phil Scrubb.
G24.gal 02/08/2024 15:15

Nova incorporación do Leyma Coruña para o seu debut na ACB. Phil Scrubb, coñecido en Galicia por proceder do Obradoiro, chega a cidade herculina para fortificar o cadro de xogadores dos coruñeses no seu debut na máxima categoría española.

O escolta canadense ten experiencia na Liga Endesa co Estudiantes, co Obradoiro, e bagaxe internacional en ligas como a alemana, a francesa ou a grega. Calidade, intensidade e moita personalidade para o xogo exterior coruñés.

Con Scrubb, o Leyma Coruña ten xa o cadro de xogadores vento en popa e a toda vela. So faltan as últimas incorporacións para o proxecto que tentará manter a categoría e comezar unha ilusionante era na ACB.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade