Publicador de contidos
Publicador de contidos

Piden 130 anos de cadea para o asasino confeso de Marta Calvo e dúas mulleres máis

Piden 130 anos de cadea para o asasino confeso de Marta Calvo e dúas mulleres máis

Intoxicounas con cocaína mentres mantiñan relacións sexuais 

As acusacións particulares piden prisión permanente revisable 

G24.gal 27/12/2021 13:02

A Fiscalía Provincial de Valencia considera o acusado, Jorge Ignacio Palma, responsable de tres delitos de homicidio, once de abusos sexuais e un delito contra a saúde pública.

Reclama, polo tanto, unha condena de 130 anos de prisión polos asasinatos de Marta Calvo e outras dúas mozas e por abusar doutras sete mulleres ás que supostamente intoxicou introducíndolles cocaína pola vaxina ou polo ano, sen o seu consentimento, mentres mantiñan relacións sexuais. O home solicitaba a miúdo servizos sexuais en páxinas de contactos pedindo sempre esta práctica, coñecida como "festa branca".  

As acusacións particulares piden que o xulguen por tres delitos de asasinato e reclaman prisión permanente revisable. Consideran que utilizou este método con polo menos dez mulleres, entre elas, as tres finadas. O cadáver de Marta Calvo aínda non se encontrou. Palma confesou que a matara accidentalmente e logo despezáraa e espallara os restos por diferentes colectores de lixo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade