Publicador de contidos
Publicador de contidos

As dificultades que atopan os usuarios para darse de baixa dalgúns servizos

As dificultades que atopan os usuarios para darse de baixa dalgúns servizos

A OCU recoñece que moitas empresas incumpren a lei, e o que fan é pór unha serie de requisitos que unhas veces atrasan a posibilidade de darse de baixa e outras fano practicamente imposible

G24.gal 23/09/2024 14:55

Seguro que moitos de vostedes se viron nalgunha ocasión nunha situación como a que lles imos contar: darse de baixa nalgún tipo de servizo e non ser capaces de facelo. Imos contarlles o que teñen que facer.

É probable que cando contrataron ese servizo, unhas veces por teléfono, outras por Internet, todo foron facilidades. Pero a cousa cambia cando o que pretenden é darse de baixa. Dá igual o servizo, pagamento de autoestradas ou compra de billetes, que a alta fora voluntaria ou que a suscrición le viñera imposta.

Porque cando chaman a esas compañías todo son obstáculos ou escusas. Iso cando consegue falar con eles. Basta con dar unha volta polos comentarios que teñen en Internet; enganos, estafas, pésimos servizos de atención ao cliente.

Pero a mesma OCU recoñece que moitas empresas imcumpren a lei, e o que fan é pór unha serie de requisitos que unhas veces atrasan a posibilidade de darse de baixa e outras é practicamente imposible. 

E se aínda así non conseguimos o noso obxectivo, o seguinte paso sería recorrer ante a Dirección Xeral de Consumo manifestando a imposibilidade ou a non atención da solicitude de baixa. O OCU recomenda pagar a cota ata que se comunique a baixa definitiva

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade