Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha aldea á que só se accede a pé en Chantada dificulta a vida dos seus veciños

Unha aldea á que só se accede a pé en Chantada dificulta a vida dos seus veciños

Unha veciña de Souto rompe unha perna e teñen que evacuala os bombeiros
 

G24.gal 17/08/2024 14:40

Imos agora coa historia dunha muller á que tiveron que evacuar os bombeiros da súa propia vivenda no rural de Chantada logo de que rompese unha perna. O motivo deste rescate é que ningún vehículo dá chegado a menos de 200 metros da súa vivenda debido a que non hai outro acceso posible máis que para ir camiñando. E camiñando con coidado, por certo. 

Esta é a muller que rompeu a perna e tivo que ser evacuada polos bombeiros.

Na aldea de Souto había seis casas habitadas, agora quedan tres; aínda que a de Dolores só se habita durante os meses do verán.
Este home é outros dos veciños do Souto. Polo día vive aquí, pero pola noite ponlle medo quedar, por se pasase algo.

Esta mañá atopamos a varios veciños cargados coa compra. Igual pasa coas bombonas ou, antigamente, cando morría unha persoa. O percorrido dende onde se deixan os coches ata a aldea sempre ten que ser a pé.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade