Publicador de contidos
Publicador de contidos

A defensa dos mozos condenados por acoitelar outro diante dunha discoteca de Santiago solicita que se revogue a sentenza

A defensa dos mozos condenados por acoitelar outro diante dunha discoteca de Santiago solicita que se revogue a sentenza

As acusacións solicitan que se repita o xuízo e que ambos os dous irmáns sexan condenado por un delito de asasinato

G24.gal 23/09/2024 13:56

Os dous irmáns xa condenados, de 21 e 29 anos de idade, compareceron por videoconferencia á vista de apelación.

Na sala do Civil e do Penal do TSXG, o seu avogado pediu que se invalide a sentenza que condenou un deles a trece anos e medio de cadea por un delito de homicidio e ao outro, a 5 anos por colaborar.

"Eu o que pretendo é que se revogue a sentenza no sentido de que o que foi condenado por homicidio sexa condenado por homicidio en grao de tentativa porque el non tiña intención de matar. E pretendo tamén que ao irmán sexa absolto", explica Manuel Ferreiro, avogado da defensa.

Porén tanto a acusación particular como o Ministerio Público entenden que hai que volver atrás e repetir o xuízo, cun novo xurado popular, para obter outra sentenza.

"Que se faga xustiza e que os dous irmáns sexan condenados por un delito de asasinato", di Alberto Torreiro, avogado da acusación particular.

Os feitos remóntanse á madrugada do 2 de xaneiro de 2023, ás portas dunha céntrica discoteca de Santiago. Alí, segundo os feitos probados na sentenza, dous irmáns protagonizaron unha pelexa con outro mozo ao que, un dos xa condenados, acoitelou polo menos en tres ocasións a vítima mentres que o seu irmán o suxeitaba e o golpeaba.

Na lea estivo tamén implicado outro mozo que estaba acusado dun delito de homicidio en grao de tentativa e que, finalmente, quedou absolto.

"Eu pido tamén que se repita o xuízo, pero xa sen o meu defendido porque foi absolto", manifesta Antonio García, avogado do mozo que foi absolto.

Agora, o alto tribunal galego será quen teña a última palabra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade