Publicador de contidos
Publicador de contidos

O acusado polo crime de Nerea Añel asegura que non estaba con ela cando morreu

O acusado polo crime de Nerea Añel asegura que non estaba con ela cando morreu

Esta mañá comezou o xuízo polo crime da moza Nerea Añel en 2020

O acusado, parella de Nerea Añel naquel momento, só respondeu ás preguntas da súa avogada 

A Fiscalía de Ourense e a acusación particular piden 14 anos de prisión

G24.gal 19/02/2024 14:33

O acusado chegou ao xuízo directamente desde a prisión do Pereiro de Aguiar, onde cumpre condena por outros delitos. Só respondeu as preguntas da súa avogada e declarouse totalmente inocente.

Asegura que non estaba con Nerea Añel cando morreu. Que se separaran antes e que el nunca pisou o camiño onde apareceu o cadáver da moza, ao pé do río Barbañica. Declarouse gran consumidor de todo tipo de drogas, un eximente para a defensa.

Para o fiscal, con todo, Julio é culpable dun delito de homicidio por omisión. Non pode probar que acabase coa vida de Nerea Añel, pero considera que a deixou morrer, ao non prestarlle auxilio cando estaban a só 200 metros deste motel, de onde saíran xuntos.

O caso de violencia machista máis extremo: causar a morte da parella, subliñou o fiscal na súa exposición perante o xurado popular. Pide para el catorce anos de prisión, a mesma pena que solicita a acusación particular, pero con outros argumentos. Os avogados que representan a nai de Nerea Añel consideran que foi el quen a matou e que por iso quixo esconder o cadáver, que tardou oito meses en aparecer malia que houbo rastrexos pola zona. Ata alí desprazáronse esta mañá o xurado e o tribunal ao completo.

Karen Daniela Vaz, avogada da nai de Nerea Añel: "Foi solicitado pola acusación, para que os membros do xurado teñan unha visión de antemán do lugar, para que cando declaren os peritos e policías se fagan unha mellor idea de como foron os feitos".

Mañá comezan a declarar as testemuñas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade