Publicador de contidos
Publicador de contidos

Usuarios do parque canino da Estrada piden a súa ampliación e melloras

Usuarios do parque canino da Estrada piden a súa ampliación e melloras

Usuarios deste espazo público municipal consideran que é insuficiente para atender a demanda en hora punta

O parque canino da Estrada nunha imaxe deste martes pola mañá
G24.gal 17/09/2024 13:52

A mañá que o visitamos só había tres, pero o espazo que o Concello habilitou para ceibar os cans na vila da Estrada quedou pequeno en hora punta. Din os donos das mascotas que alí acoden acotío. Segundo explican, o Goberno municipal non lles responde ao seu pedimento de amplialo ao terreo adxacente e mesmo anexionando parte dun aparcadoiro que non está a ter uso.

"Pasou un ano e...[nada]. Isto quedou pequeno. Porque contra as oito da tarde aquí xúntanse 20 e 30 cans. Mesmo ás veces chegamos a 40", di Jesús Maceira Neira, veciño da Estrada e usuario habitual do parque.

Tamén reclaman traballo de mantemento do parque, a instalación dunha papeleira, un punto máis de luz, unha fonte baixa para as mascotas máis pequenas, maior frecuencia na retirada do lixo do colector... Queixas tamén polo lixo que queda tras botellón que se organiza alí.

José Romero García, outro veciño que frecuenta coas súas mascotas este espazo pide "que o alonguen un pouco e que o sosteñan, e que o arranxen como é debido. Porque aquí xúntanse ao mellor trinta cans e o parque é moi pequeno".

Os pedimentos de mellora no parque canino da Estrada inclúen un cobertizo maior para protexerse da chuvia e canalización das augas pluviais.

"Que o alonguen un pouco e que o sosteñan, e que o arranxen como é debido. Porque aquí xúntanse ao mellor trinta cans e o parque é moi pequeno".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade