Publicador de contidos
Publicador de contidos

Piden a restauración das pinturas dunha igrexa nunha aldea do Carballiño, as máis importantes do século XVI en Galicia

Piden a restauración das pinturas dunha igrexa nunha aldea do Carballiño, as máis importantes do século XVI en Galicia

Partes do mural que están tapadas por cal e solicitan limpalo e recuperalo

G24.gal 09/08/2024 13:52

As pinturas máis importantes do século XVI en Galicia están agochadas na igrexa dunha aldea do Carballiño, en Banga. Estudosos da arte e veciños piden a súa limpeza e restauración. Aseguran que sería unha pequena intervención coa que se podería poñer en valor un mural inédito en toda España.

Na igrexa de Santa Baia de Banga, no Carballiño, están as pinturas máis importantes do século XVI en Galicia xunto coas de Toén. Foi un catedrático de Historia da Arte da Universidade de Santiago o que descubriu esta importante obra.

O pintor é descoñecido, sospeitan que portugués, pero si se sabe que o mentor foi Bartolomé García de Mugares que coñecía moi ben a teoría de Copérnico e do neoplatonismo.

Hai partes do mural que están tapadas por cal, limpalo e recuperalo en todo o seu esplendor e poñelo en valor é algo que piden estudosos e tamén os veciños desta aldea de Banga.

O Instituto de Estudo Carballiñeses xa instou o Concello a que xunto coa Consellería de Cultura poidan reiniciar canto antes a restauración destas pinturas Ben de Interese Cultural.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade