Publicador de contidos
Publicador de contidos

Piden a retirada dunha pantalla publicitaria polas luces que emite

Piden a retirada dunha pantalla publicitaria polas luces que emite

Veciños de Santiago piden a retirada dunha pantalla publicitaria que enche de luces as súas casas

Denuncian por contaminación lumínica

O panel está situado na santiguesa rúa do Hórreo
G24.gal 26/12/2023 14:58

 "Eu polas noite cando chego ao cuarto vexo que está todo reflectido por un montón de luces", comenta Luna

"Temos unha discoteca, poslle música e totalmente", apunta seu pai.

Esta pantalla publicitaria situada nun ventanal dun edificio da rúa do Hórreo complícalles o descanso aos veciños que viven xusto en fronte.

 "Emite unha luz tan brillante que non deixa nin durmir nin sequera ver a televisión propiamente da propia casa, porque os escintileos molestan moitísimo", explica David López, veciño afectado.

Ata non hai moito estaba acesa as 24 horas, pero, ante as protestas dos veciños, agora apágase de once da noite ás sete da mañá. Quen máis sofre as luces son os que se deitan cedo.

"Gustarme non me gustan moito, porque reflicten moito, e durmir dou durmido porque baixamos as persianas, pero porque se non non dou durmido ben", conta Luna.

 "Son luces moi intensas, vermellas, verdes, brancas... Claro, a partir das cinco da tarde, que en inverno xa é de noite, ilumina todo o edificio, toda a fachada", continúa o pai.

Os residentes dos dous edificios afectados xa puxeron unha denuncia no Concello por contaminación lumínica. Lamentan a lentitude na tramitación do expediente. Esixen a retirada urxente do panel luminoso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade