Publicador de contidos

Publicador de contidos

Piden axuda para localizar un home desaparecido no concello coruñés de Teo

Piden axuda para localizar un home desaparecido no concello coruñés de Teo

Óscar García Lema ten 62 anos, mide 1,82, é de complexión delgada e ten pelo cano

G24.gal 30/03/2023 15:52

En Teo, piden axuda para dar cun home desaparecido. Chámase Óscar García Lema, ten 62 anos, mide 1,82 m, é de complexión delgada e ten pelo cano.

Perdéuselle a pista o mércores pouco despois do mediodía, cando marchou da súa casa, no lugar de Oza, na parroquia de Cacheiras.

Óscar marchou sen a carteira, sen documentación e sen teléfono móbil. Vestía de escuro nese momento.

A familia xa denunciou os feitos ante a Garda Civil e solicita a colaboración cidadá para dar co seu paradoiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade