Publicador de contidos
Publicador de contidos

Piden estremar as precaucións nas matanzas do porco para evitar contaxios

Piden estremar as precaucións nas matanzas do porco para evitar contaxios

O ano pasado houbera seis gromos asociados as matanzas

A clave é evitar xuntanzas en ceas e xantares

G24.gal 01/12/2021 13:27

Distancia social, máscara, ventilación e, sobre todo, evitar as aglomeracións en espazos pechados. Son normas que rexen en todos os ámbitos e tamén nas matanzas do porco.

O ano pasado por estas datas xurdiran seis gromos derivados das ceas e xantares que teñen lugar nas matanzas. Por eso, os matachíns teñen claro que hai que estremar as precaucións.

Dende os concellos rurais fan tamén un chamamento para evitar afluencias masivas a xantares e ceas das matanzas e a manter as normas sanitarias nos labores propios do sacrificio dos porcos.

Outra opción para evitar contaxios nas matanzas é non celebralas e levar os porcos a un matadoiro onde xa se encargan da súa preparación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade