Piden máis controis para evitar a competencia desleal dos transportistas do Leste
Piden máis controis para evitar a competencia desleal dos transportistas do Leste
Percorren toda Europa en vehículos de ata 3.500 quilos, aos que non se lle esixen tacógrafo, para evitar os tempos de descanso
A normativa europea establece que o tacógrafo será obrigatorio a partir de xullo de 2026 nos vehículos de 2.500 a 3.500 que fagan transporte internacional para frear estas prácticas
Furgonetas ou camións de pequenas dimensións, que non superan os 3.500 quilos, non están obrigados polo de agora a levar tacógrafo o que é imposible controlar os tempos de descanso dos condutores. Unha situación que incrementou a presenza de transportista do Leste que percorren toda Europa.
Para frear esta situación, a Unión Europea acordou a instalación de tacógrafos nestes vehículos cando fagan transporte internacional pero non será obrigatorio ata xullo de 2026. Mentres, o sector do transporte esixe ao Goberno máis control para frear unha situación que supón un risco para a seguridade viaria, pero tamén unha competencia desleal, xa que contan cunhas condicións laborais e salarios máis precarios que en España.