As novas peaxes no País Vasco prexudican os transportistas galegos
As novas peaxes no País Vasco prexudican os transportistas galegos
A deputación de Biscaia engade catro novos treitos de pago
O sector do transporte teme que afecte a competitividade dos produtos que se exportan
Dende este luns hai catro novos treitos de pago para os camións nas estradas do País Vasco. Entre elas na autovía A-8. Os transportistas galegos denuncian que saen moi prexudicados.
Ramón Alonso, presidente de Federación Galega de Transportistas di que para el isto é un "imposto encuberto. Os produtos vascos ou cataláns son máis competitivos canto máis nos cobren a nós".
A Deputación Foral de Biscaia defende que a medida busca reducir o tráfico de vehículos pesados nesas vías. O uso será semellante ao das autovías portuguesas.
Antonio Fernández, director de Trafema e vicepresidente da Fegatramer, explica que "o 90 % das nosas rutas de exportación por estrada é Irún. Esta medida aumenta o custo que teremos que repercutir sobre os produtos que estamos exportando".
Aseguran que estas peaxes farán que os produtos galegos sexan menos competitivos. Alonso inisite en que "calquera produto que movamos (dende Galicia) vai ser menos competitivo, sobre todo no mercado internacional".
Cada semana saen de Galicia uns 100 camións só de peixe fresco e conxelado, aos que se suman outros de sectores tan importantes como o téxtil ou a automoción.