Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os transportistas galegos reclaman o traspaso das autoestradas AP-9 e a AP-53

Os transportistas galegos reclaman o traspaso das autoestradas AP-9 e a AP-53

Reuníronse coa conselleira de Infraestruturas para trasladarlle a súa preocupación polas peaxes

Dende a Xunta critican tamén que o Goberno non aplique as bonificacións que tiña comprometidas para esta lexislatura

Martínez Allegue volve pedir unha reunión co Ministro de Transportes 

G24.gal 12/09/2024 13:11

Os transportistas galegos queren que os seus clientes paguen menos por trasladar as mercadorías e din que iso pasa por unha rebaixa das peaxes. Por iso piden o traspaso de titularidade das dúas autoestradas estatais que hai en Galicia e a súa gratuidade. 

Reuníronse coa Xunta para explicarlle as súas preocupacións e na busca dunha fronte común.

Na Xunta criticaron tamén que o Goberno non aplique as bonificacións que tiña comprometidas para esta lexislatura. E piden unha reunión co ministro Óscar Puente.

Lembran que a autoestrada estatal que vai entre Santiago e Dozón é a única do Estado que non ten ningún tipo de compensación para reducir a peaxe. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade