Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un grupo de xubiladas reclama poder volver sentar xuntas no patio de butacas

Un grupo de xubiladas reclama poder volver sentar xuntas no patio de butacas

Piden a eliminación das barreiras arquitectónicas no Teatro Afundación de Vigo

Unha delas, que usa cadeira de rodas, ten que ficar soa no primeiro anfiteatro

G24.gal 10/12/2022 14:01 Última actualización 10/12/2022 15:06

Malia o esforzo de moitas administracións, aínda quedan barreiras arquitectónicas que dificultan a vida de moitas persoas. Un grupo de xubiladas de Vigo reclama a mellora da accesibilidade no Teatro Afundación para poder sentar xuntas no patio de butacas.

Levaban anos compartindo funcións neste auditorio, pero agora, cos problemas de mobilidade, é case imposible. Teñen que acceder por unha pequena porta ás veces pechada e sen bedel, subir a rampla sempre con axuda e a que vai en cadeira de rodas, ficar soa no primeiro anfiteatro.

Insisten tamén na varanda das escaleiras principais e algo tamén na acústica. Fontes de Afundación considera que o teatro é accesible para persoas con mobilidade reducida pola pendente lateral, pero é practicamente imposible que o ascensor chegue ao patio de butacas.

Malia e todo, Afundación está acometendo un novo informe técnico para ver  se é posible mellorar as condicións do edificio tal e como solicitan as persoas e colectivos afectados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade