Publicador de contidos
Publicador de contidos

A ministra Pilar Llop non aclara se Xustiza fixou as penas como sostén Podemos

A ministra Pilar Llop non aclara se Xustiza fixou as penas como sostén Podemos

A ministra de xustiza defende a lei do "só si é si", pero pide calma ata ver que decide o Supremo

O presidente do Goberno reivindica o cambio de norma para que nunca máis se cuestione unha vítima

Pedro Sánchez defende a lei de liberdade sexual, pero evita citar a Irene Montero
G24.gal 22/11/2022 14:27

O presidente do Goberno reivindica da lei do "só si é si" e lembra que o seu obxectivo é que "nunca máis se cuestione unha vítima". Fíxoo diante da Internacional Socialista de Mulleres, onde citou as tres vicepresidentas pero non fixo ningunha referencia á impulsora desta norma, a ministra de Igualdade, Irene Montero.

A mensaxe chega despois de que Podemos descargara responsabilidades, apuntando ao Ministerio de Xustiza. A ministra, Pilar LLop, que se pronuncia por primeira vez sobre o asunto, evita o choque con Podemos. Llop non aclara se foi o seu ministerio quen fixou as penas pero sostén que se trata "dunha boa lei".

A ministra manda unha mensaxe de calma porque "ao cambiar de modelo hai que facer axustes e equilibrios". Xustiza agarda que estes axustes os faga o Tribunal Supremo. Iso aínda tardará unhas semanas. Pero xa sabe a posición da Fiscalía. 

Os fiscais rexeitarán rebaixar penas a agresores sexuais se a pena imposta segue vixente na reforma. Unha posición "lóxica", segundo o voceiro de Esquerra Republicana de Cataluña, Gabriel Rufián. Os grupos da esquerda recoñecen precipitación na tramitación da lei, pero saen en defensa da ministra Montero. 

Para o PP, xa debera dimitir. Feijóo repróchalle ao Goberno que se resista a cambiar a norma malia saber que está a beneficiar a agresores sexuais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade