Planas sofre un mareo mentres intervén no Congreso que achaca á "sobreactividade"
Planas sofre un mareo mentres intervén no Congreso que achaca á "sobreactividade"
O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación interrompeu durante uns instantes a súa intervención e sentou no escano
Posteriormente dixo que estaba "perfectamente e en plena actividade, o único problema é que teño sobreactividade"
O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, sufriu este mércores un leve mareo durante o pleno do Congreso mentres contestaba a segunda pregunta dirixida a el na sesión de Control ao Goberno.
Planas respondía ao deputado do PP, Javier de Andrés, cando interrompeu a resposta e sentou uns segundos no escano. Pouco despois continuou con normalidade contestando o deputado popular.
Posteriormente o ministro de Agricultura achacouno á súa "sobreactividade" e asegurou que se atopa "perfectamente" de saúde. Ao saír do hemiciclo e preguntado polos xornalistas, explicou que se debeu a unha baixada de tensión e que xa se atopaba ben.
"Estou perfectamente e en plena actividade, o único problema é que teño sobreactividade", asegurou o ministro nunha xornada marcada polas protestas dos agricultores en Madrid.
En canto á protesta do sector agrogandeiro expresou o desexo de que transcorra "de forma pacífica e sen ningún tipo de violencia".
O ministro de Agricultura acusou o Partido Popular de querer manipular os grandeiros e comprometeuse a seguir dialogando para buscar puntos de encontro. O PP pídelle que retire a PAC e acúsao de desmantelar o sector.