Publicador de contidos
Publicador de contidos

Planeta ODS, un espazo educativo para previr riscos e fomentar a conciencia ambiental

Planeta ODS, un espazo educativo para previr riscos e fomentar a conciencia ambiental

A actividade creada pola Fundación Maphre está dirixida a escolares de 8 a 12 anos

Practican a educación viaria nun circuíto de bicicletas e patinetes 

Repasan a xestión de emerxencias e os principios de desenvolvemento sostible con xogos interactivos 

G24.gal 08/05/2024 15:37 Última actualización 08/05/2024 16:06

O Planeta ODS é un espazo que integra tecnoloxías de realidade virtual e de innovación pedagóxica. Está destinado a escolares de entre 8 e 12 anos para facilitarlles a aprendizaxe práctica de cuestións de seguridade tanto persoal como ambiental. 

A Fundación Mapfre combina esta oferta virtual con actividades presenciais a través da Caravana Planeta ODS, que esta semana fai parada en Ourense e que ven na Coruña. Aprenden as normas de circulación nun circuíto con bicicletas e patinetes. A Garda Civil e a Policía Local colaboran na clase práctica de educación viaria, pero a lección non se limita a este ámbito.

Repasan tamén normas de prevención e xestión de accidentes tanto de tráfico coma domésticos, seguindo as pautas do 112. E na caravana virtual, que simula unha nave espacial que ten problemas para chegar ao Planeta ODS, revisan os obxectivos de desenvolvemento sostible e os  valores ambientais da axenda 20-30. Para que a aprendizaxe quede ben incorporada, danlle un repaso final con xogos interactivos nos que, ademais da seguridade, suman os valores ambientais e a sustentabilidade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade