Publicador de contidos
Publicador de contidos

Plantan 7.000 árbores en Noia para loitar contra o cambio climático

Plantan 7.000 árbores en Noia para loitar contra o cambio climático

Dez hectáreas do monte Iroite, en Noia, foron reforestadas con diferentes especies arbóreas

G24.gal 22/09/2023 13:50

Dez hectáreas do monte Iroite, en Noia, foron reforestadas grazas a colaboración entre o Ministerio de Defensa e a Fundación Iberdrola para contribuír a reducir a concentración de CO2 na atmosfera.

A nova plantación, con máis de 7.000 árbores de distintas especies, sitúase nos terreos que ocupa o Escuadrón de Vixilancia Aérea número 10 na serra barbancesa.

Á inauguración da nova plantación asistiron o director xeral de Infraestrutura do ministerio, o xefe do Sistema de Vixilancia e Control aeroespacial do Exército e o presidente da Fundación Iberdrola, que destacou a importancia desta iniciativa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade