Publicador de contidos
Publicador de contidos

Plátanos, aceite e azafrán españois, agasallos de Bolaños para o Papa

Plátanos, aceite e azafrán españois, agasallos de Bolaños para o Papa

Apostan polo diálogo gobernamental ca Santa Sé sobre as inmatriculacións o a pederastia clerical

G24.gal 13/06/2022 19:17 Última actualización 13/06/2022 19:58

O papa Francisco recibiu no Vaticano o ministro da Presidencia quen o agasallou con aceite de Xaén, plátanos da Palma, azafrán da Mancha e unha copia iluminada dun extracto das Cantigas de Santa María.

O papa recibiu a Félix Bolaños en cadeira de rodas polos seus problemas de xeonllo. Durante 50 minutos falaron das inmatriculación de bens eclesiásticos ou da investigación española sobre abusos sexuais na Igrexia.

Bolaños considerouse moi afortunado pola honra á vez que destacou a coincidencia de compartir os mesmos valores que o Pontífice. Ao tempo, reiteroulle a invitación do Goberno para visitar España.

"A invitación que xa lle fixo o presidente cando a axenda que todos coñecemos que é moi complicada, cando poida, ten desde logo as portas abertas do noso país para visitar España cando considere oportuno. Para mín foi unha conversa inspiradora porque puiden comprobar como nos inspiran os mesmos valores"

Bolaños e o Papa avogaron por continuar o diálogo entre o Goberno español e a Igrexia católica. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade