Podemos acusa o ministro de Agricultura de estar "fóra de realidade"
Podemos acusa o ministro de Agricultura de estar "fóra de realidade"
Luis Planas defende que as grandes distribuidoras teñen "beneficios razoables"
O ministro de Agricultura asegura que os prezos dos alimentos baixarán pronto pero ata entón "pide paciencia"
O venres coñeceremos o dato do IPC adiantado de abril. O Goberno evita facer prognósticos pero amósase convencido que irán baixando nos próximos meses. Ata entón, o ministro de Agricultura pídelle "paciencia aos cidadáns porque ese momento está máis preto ca lonxe".
Luis Planas saíu, esta mañá, a dar a cara polas grandes cadeas de distribución. Negou que "estean facendo o agosto", como denuncia Podemos. Planas recoñece que "están gañando diñeiro" pero cualifica os beneficios coma "razoables".
Estas palabras indignaron aos socios da coalición de Goberno. Para Pablo Fernández, voceiro da formación morada, estas palabras demostran que o "ministro vive completamente fóra da realidade". Podemos denuncia que estas cadeas están subindo os prezos "moi por riba da inflación".
En marzo a inflación subxacente baixou só unha décima e está no 7,5 por cento. As asociacións de consumidores ven claro que as medidas para baixar o prezo da cesta da compra non funcionan. O observatorio de Facua rexistrou subas de prezos en 1 de cada 3 alimentos aos que se lles baixou o IVE.