Publicador de contidos
Publicador de contidos

Podemos culpa o PSOE polo atraso da Lei estatal de vivenda

Podemos culpa o PSOE polo atraso da Lei estatal de vivenda

Os socialistas responden que hai avances e que o acordo está moi preto

G24.gal 13/03/2023 14:40

A lei de vivenda que negocian os socios de goberno acumula meses de atraso na tramitación parlamentaria. Di a ministra Raquel Sánchez que é un proceso con atrancos, pero confía nun acordo próximo.

O PSOE argumenta que se levan incorporado máis de 400 emendas e que se segue traballando polo acordo.

"Estamos traballando para poder chegar a un acordo definitivo con esta lei. Estamos moi preto e imos seguir traballando", di Pilar Alegría, voceira da executiva federal do PSOE.

O principal obstáculo está na limitación dos prezos do alugueiro. A parte socialista propón que o límite do 3 % se aplique só no 2024. Unidas Podemos quere que sexa permanente e acusa o PSOE de responder a outros intereses.

"Se nos preocupara de verdade a emerxencia habitacional teriamos aprobado esta lei ao principio da lexislatura", afirma Ione Belarra, Ministra de Dereitos Sociais.

"Se o Partido Socialista deixa de coller dúas semanas o teléfono á patronal inmobiliaria sería posible que a lei de vivenda estivera aprobada", segundo Javier Sánchez, de Unidas Podemos.
 

O Goberno tamén ultimas as negociacións cos socios parlamentarios, Esquerra Republica a e Bildu para sacar adiante a nova Lei estatal de vivenda.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade