Publicador de contidos
Publicador de contidos

Podemos, disposta a participar no acto de Sumar se hai acordo sobre as primarias

Podemos, disposta a participar no acto de Sumar se hai acordo sobre as primarias

Belarra afirma, no consello cidadán estatal, que o acordo está na man de Yolanda Díaz

Podemos négase a ser secundario na alianza de formacións á esquerda do PSOE

Ione Belarra, secretaria xeral de Podemos, na consello cidadán estatal
G24.gal 01/04/2023 14:04 Última actualización 01/04/2023 14:22

A dirección de Podemos está disposta a acudir á presentación de SUMAR se esta mesma tarde Yolanda Díaz accede a asinar un documento onde se comprometa a celebrar unhas primarias abertas.

O acto de Sumar, que se celebra este domingo, ocupou boa parte da intervención de Ione Belarra no consello cidadán estatal de Podemos, o máximo órgano de decisión do partido.

Tras facer un repaso da situación política, Belarra insistiu en que Podemos traballa pola unidade pero non están dispostos -dixo- a ser secundarios se as eleccións xerais permiten revalidar o goberno de coalición.

A secretaria xeral de Podemos advirte de que os acordos de despacho impiden confluencias amplas e fai un chamamento para non repetir os erros de Andalucía.

"Yolanda Díaz ten na súa man que Podemos estea no acto de presentación da súa candidatura, unha presentación longamente agardada; chega con que esta tarde Podemos e Sumar asinen unha declaración onde nos comprometamos a celebrar unhas primarias abertas ao conxunto da cidadanía (...). Pídolle a Yolanda que pechemos ese acordo e que fagamos campaña xuntas, percorrendo España".

Na presentación da candidatura de Yolanda Díaz si estarán varios dirixentes territoriais de Podemos, e unha representación ampla de IU, con Alberto Garzón á cabeza. O líder desta coalición anima a dirección de Podemos a que se sume á plataforma sen condicións previas.

 "Hai que antepoñer as prioridades, e as prioridades son que é un movemento que nos desborda os partidos políticos e é bó (...). E se Podemos decide non ir mañá creo que non é o máis desexable, é un erro pero no pasa nada, hai tempo para concretar despois o que sexa necesario para que Podemos estea cómodo igual que os demais, non hai que alarmarse, hai tempo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade