Publicador de contidos
Publicador de contidos

Podemos esixe primarias abertas para integrarse en Sumar

Podemos esixe primarias abertas para integrarse en Sumar

Yolanda Díaz presentará a plataforma este domingo en Madrid e a formación morada non ten previsto acudir ao acto

G24.gal 29/03/2023 15:06

A plataforma que ocupará o espazo electoral á esquerda do PSOE ultima os preparativos para a súa presentación oficial. Sumar arrincará o próximo domingo en Madrid con Yolanda Díaz como cabeza da coalición de partidos: "Doulles as grazas a todas as formacións políticas que van estar alí, que xa son moitas. Encantaríame que a ese acto asistan moitas persoas de Podemos e, por suposto, a súa secretaria xeral".

Pero a catro días vista non hai acordo con Podemos. As negociacións continúan coa celebración dunhas primarias abertas como principal esixencia da formación morada: "Pactar a metodoloxía para evitar os pactos en despachos. Temos exemplos nos últimos meses que se desenvolveron en condicións terribles que non son boa noticia para a esquerda do noso país", dixo Lilith Verstrynge, secretaria de Organización de Podemos.

Din que o acordo está na man de Yolanda Díaz e urxen a que as primarias se celebren antes das eleccións municipais e autonómicas. "Levamos moitos meses propoñendo que os acordos se pechen xa. Cremos que o importante é que vaiamos á ofensiva", asegurou a ministra de Igualdade, Irene Montero. 

Pero desde Sumar apostan por pospoñer o acordo ata despois das municipais: "Calquera discrepancia imos ter meses para irnos construíndo de aquí ás próximas eleccións xerais", comentaba Enrique Santiago, de Esquerda Unida

Detrás da tirapuxa podería estar a situación de cada formación nas listas electorais. Pablo Iglesias apunta a deputados de Podemos que xa se posicionaron a favor de Sumar, como é o caso de Antón Gómez-Reino; "Sabemos que se algo hai importante en política son as listas. Hai cus que necesitan ocupar unha cadeira. E escoitaba o meu amigo Toné, que dicía que estaba no ecuador da súa carreira política".

E di Pablo Iglesias que sería un desastre para a esquerda non chegar a un acordo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade