Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pablo Iglesias responsabiliza a Yolanda Díaz do veto a Irene Montero

Pablo Iglesias responsabiliza a Yolanda Díaz do veto a Irene Montero

Antón Gómez-Reino non irá nas listas de Sumar, pero apoiará a Díaz para "ser a próxima presidenta do Goberno"

G24.gal 13/06/2023 14:21

Pablo Iglesias responsabiliza directamente a Yolanda Díaz do veto a Irene Montero. Dende a formación morada din que hai tempo para rectificar, ata o luns 19.

Mentres, á vez que aseguran que seguirán na coalición, manteñen rexistrado no Ministerio do Interior o partido Juntas Sí Se Puede. En Sumar instan a pasar de fase e centrarse, din, no que importa aos españois.

Dando por pechado o acordo cos partidos que formaran a coalición, vanse coñecendo nomes: a eurodiputada, María Eugenia Rodriguez Palop será a coordinadora da campaña de Sumar. Onde estará pero nunha segunda liña, Antón Gómez-Reino, ata agora deputado de Galicia en Común.

Nunha carta publicada nunha rede social, Gómez-Reino asegura que é o momento de dar un paso atrás, de asumir outras tarefas que estarán dedicadas a axudar a que Yolanda Díaz sexa a próxima presidenta do Goberno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade