Publicador de contidos
Publicador de contidos

Podemos propón que o cambio de hipoteca variable a fixa sexa gratuíto

Podemos propón que o cambio de hipoteca variable a fixa sexa gratuíto

Ione Belarra, ministra de Asuntos Sociais e secretaria xeral de Podemos, advertiu de que, se non se toman medidas, a suba dos tipos de xuro rematará en falta de pagamentos

EFE 11/04/2023 10:15

A secretaria xeral de Podemos e ministra de Dereitos Sociais, Ione Belarra, propuxo este martes facer gratuíto o cambio dunha hipoteca variable a outra de tipo fixo para evitar así as subas de "centos euros mensuais" que, segundo advertiu, terminarán en falta de pagamentos.

"Debemos actuar xa", esixiu Belarra nunha mensaxe nas redes sociais, onde propuxo a todas as forzas políticas que a modificación dos tipos de xuro das hipotecas poidan realizarse sen custos.

Na súa opinión, non se pode permitir que "millóns de fogares vexan ameazada a súa economía e a súa vivenda".

Por iso, lembrou que o seu partido xa propuxo en setembro pasado limitar a subida das hipotecas variables para evitar danos económicos ás familias. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade