Publicador de contidos
Publicador de contidos

Polémica na Coruña ante o cambio de sistema dos sinais acústicos dos semáforos

Polémica na Coruña ante o cambio de sistema dos sinais acústicos dos semáforos

Os semáforos xa non soan de xeito automático cando están en verde para os peóns, senón baixo demanda

G24.gal 06/09/2023 14:05

Na Coruña os semáforos xa non emiten de maneira autómática os sinais acústicos que avisan os peóns de que xa poden cruzar, agás que alguén active o sistema cun mando a distancia ou co Bluetooth do seu móbil.

"Enmudecer os acústicos da cidade é un sistema de exclusión, non de inclusión. É moi tecnolóxico, utilizamos un mando a distancia para reducir a contaminación acústica... pero penso que hai cousas máis graves na cidade ao falar de contaminación acústica" 

Para as persoas cegas os acústicos son unha ferramenta básica para poder orientarse e evitar riscos innecesarios.

 "As persoas invidentes utilizamos o son dos semáforos para orientarnos, para camiñar, para localizar o paso de peóns... e agora eu con isto móvome con máis medo"

"Se o que molesta é pola noite... eu entendo perfectamente que a xente poida durmir. O que se pode facer é que eses mandos se activen pola noite para que eu poida cruzar dunha maneira máis segura"
 
Para as persoas con dificultades visuais  que os avisos sonoros sexan agora a demanda é un paso atrás na accesibilidade urbana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade