Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños de Cangas protestan pola inseguridade peonil

Veciños de Cangas protestan pola inseguridade peonil

Unha muller, ingresada en estado graves tras ser atropelada cando cruzaba nun paso de peóns

Denuncian que os pasos están sen pintar e a sinalización non é visible

G24.gal 27/02/2025 14:07

O atropelo dunha muller ás nove da mañá nun paso de peóns en Cangas está a ser a pinga que colma a paciencia dos veciños. As queixas pola falta de seguridade viaria son constantes e os atropelos se multiplicaron nos últimos tempos.

As avenidas de Bueu e de Vigo son unhas das máis transitadas de  Cangas, por coches, pero tamén por peóns. Unha muller de corenta anos tivo que ser ingresada en estado grave despois de ser atropelada cando cruzada correctamente por un paso de peóns a plena luz do día. Os veciños do barrio de Pedra Alta, en pleno centro de Cangas, levan tempo denunciando o abandono e falta de seguridade viaria. 

Especialmente complicado o teñen as persoas con mobilidade reducida ou problemas de visión, moitos quéixanse de que os pasos de peóns están sen pintura e a sinalización horizontal é difícil de ver. Un veciño conta como un amigo sufriu dous atropelos, o segundo precisamente cando ía á rehabilitación do primeiro.

Os veciños tamén recoñecen que a culpa non é só do mal estado da estrada e a sinalización. Son moitos os peóns que cruzan por onde non deben, e moitos condutores exceden os límites de velocidade.

Fartos da situación, os veciños puxeron en marcha o pasado mes de decembro a asociación Pedra Alta, que reclama medidas de seguridade, accesibilidade e limpeza para o barrio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade