Publicador de contidos
Publicador de contidos

Polémica na Coruña polo uso de altofalantes nos areais

Polémica na Coruña polo uso de altofalantes nos areais

Moitos son os que piden que se pohiba o seu uso e que sexa obrigatorio empregar auriculares, para non molestar.

Tamén piden que a nova norma de uso das praias regule o acceso dos cans e acoute áreas de xogo.

G24.gal 29/07/2024 14:38

O verán é tempo de praia, e para algúns tamén de música na area. Hai opinións encontradas entre os que defenden que se poidan usar equipos de son, en ocasións de gran potencia, e aqueles aos que molesta a música allea.

Xa hai localidades costeiras onde esta conduta está prohibida e pode ser sancionada con ata seiscentos euros de multa. 

Non é o caso da Coruña, pero aquí son xa moitas as voces que piden que se teña en conta con vistas á elaboración da nova normativa de uso das praias.

Non é só a prohibición de uso de altofalantes nos areais, a convivencia entre os que van á praia a desfrutar do sol, o paseo e o baño, e os que xogan á pelota ou ás pas é tamén outro dos aspectos que preocupa a cidadanía. Moitos piden que se acouten zonas exclusivas para estes xogos e desta maneira minimizar as molestias.

Para non chegar ao que hai uns días se viviu nun areal de Oleiros, onde as queixas dos usuarios non deixan de sucederse polo comportamento dun grupo de mozos que molestan os bañistas cos seus xogos, e ao ser recriminados reaccionan con actitudes violentas. Se a situación non mellora, o Concello non desbota pedir axuda á Delegación do Goberno para acabar co conflito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade