Publicador de contidos
Publicador de contidos

Veciños do centro de Lugo quéixanse porque quedan dous meses sen garaxe por obras

Veciños do centro de Lugo quéixanse porque quedan dous meses sen garaxe por obras

Critican as formas do concello que os avisou con pouca antelación e sen darlles unha solución alternativa

Piden que se establezan uns horarios de uso dos garaxes e lles fagan unha rebaixa no cobro do vado

G24.gal 02/09/2024 14:21

Carteis na porta do garaxe avisan os veciños de que non poderán acceder ao mesmo durante polo menos dous meses polas obras de peonalización. Un aviso que lles chegaba na fin de semana e só tres días antes do peche do acceso. "Así de sorpresa cun cartel, sen informar do que poden facer os veciños", explica a presidenta da asociación de veciños do centro, Soledad Montes.

Os veciños critican as formas do Concello, que os avisasen con tan pouca marxe de tempo e sen darlles unha alternativa para estacionar os seus vehículos. "Avisando con só dous días, haberá xente de vacacións cando volvan encontraranse con que non poden acceder o garaxe nin usalo durante dous meses", di Miguel Lombo, un dos veciños afectados.

Moitos veciños teñen coches eléctricos e as estacións de carga nos garaxes. "Abaixo teño o cargador, ademais de ser praza de garaxe é gasolineira, é dobre prexuízo", engade Miguel.

Preocúpalles que as obras se demoren máis de dous meses. Entre os afectados tamén hai persoas con mobilidade reducida. Por iso cren que a mellor solución é que se establezan uns horarios de uso dos garaxes.

O Concello comunicoulle á asociación de veciños que están a buscar unha solución, pero o tempo corre en contra xa que será este martes cando se pechen os accesos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade