Polémica polas caixas na rúa coas chaves dos pisos turísticos
Polémica polas caixas na rúa coas chaves dos pisos turísticos
A irregularidade reside en que se colocan en elementos públicos, como farois ou baixantes
Os pisos turísticos volven estar no punto de mira. Desta volta porque empezan a aparecer nalgunhas cidades caixiñas que conteñen dentro as chaves das vivendas en lugares públicos
E iso precisamente, o feito de que eses dispositivos aparezan pendurados en lugares como farois ou baixantes, é o realmente polémico porque están en elementos da vía pública. Hai uns días aparecía publicado en redes o caso dun cadeado dese tipo nesta rúa de Santiago, cerca da zona histórica, pero lonxe doutras zonas con máis presión turística.
A publicación volveu abrir o debate, pero tanto dende o Concello como os propietarios das vivendas turísticas concordan en que se trata de algo irregular, que apuntaría a que se trata de vivendas sen ningún tipo de licenza.
Non son ilegais e, de feito, son cada vez máis comúns para facilitar a chamada chegada autónoma. O irregular reside na súa colocación, nun espazo público.
Segundo Estrella Ferreiro, voceira de Aviturga, a maior parte das vivendas de uso turístico fan recepción de hóspedes de xeito presencial e as caixas de chaves non son moi habituais.
Dende o Concello apuntan que estes dispositivos non poden deixarse sobre papeleiras, farois ou tubaxes, aínda que non concretan se procederán a retiralos, como xa anunciaron en cidades como Málaga.