Publicador de contidos
Publicador de contidos

Policía Científica e bombeiros acceden ao edifico incendiado da rolda de Nelle para realizaren unha inspección

Policía Científica e bombeiros acceden ao edifico incendiado da rolda de Nelle para realizaren unha inspección

Queren determinar se o lume deste luns orixinado no inmoble foi provocado

Desde o incendio, o edificio permanecer pechado cun cadeado e custodiado pola policía

G24.gal 19/06/2024 14:12

A Policía Científica entraba esta mañá no número 120 da rolda de Nelle canda os bombeiros para realizaren unha inspección e determinar, entre outros asuntos, se o lume deste luns foi provocado.

"Só houbo danos materiais, pero puido ser moito peor. Polo menos eles se salvaron". "E xa intentaron entrar no noso portal dúas veces. Supoño que andarán buscando un piso no que meterse".

Pouco despois do incendio e de emitirse un informe de inhabitabilidade por risco grave, colocaron unha porta que permanece pechada a cal e canto e custodiada pola policía. Malia isto, veciños e comerciantes non as teñen todas consigo.

"Vanse volvermeter. Estes... entran outra vez. O caso é que os boten en canto entren". "Eu teño moita desconfianza".

Porque non queren revivir todo o que aconteceu no inmoble durante a última década pero, sobre todo, nos últimos anos en que aseguran que a situación se complicou aínda máis. Por todo isto, esixen medidas para evitar que o volvan ocupar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade