Publicador de contidos
Publicador de contidos

Polo menos 21 persoas mortas nos incendios de Grecia

Polo menos 21 persoas mortas nos incendios de Grecia

79 persoas detidas en relación coa orixe dos incendios

Máis de 80.000 hectáreas arrasadas en Grecia no que vai de ano
G24.gal 26/08/2023 14:52 Última actualización 26/08/2023 15:02

Outro país europeo especialmente afectado polos incendios é Grecia, onde o lume matou polo menos 21 persoas esta semana e queimou máis de oitenta mil hectáreas no que vai de ano.

As chuvias e a baixada das temperaturas axudan na loita contra os incendios

A situación das tres frontes activas esta fin de semana mellora, grazas en gran medida á aparición de chuvias nalgúns puntos e á baixada das temperaturas.

A maior parte dos falecidos son inmigrantes escondidos nos montes

A maior parte das 21 vítimas mortais son inmigrantes irregulares, escondidos nos montes arrasados polo lume. Ata o momento foron detidas 79 persoas, acusadas de provocar moitos destes incendios. Os lumes deste verán en Grecia son os peores en Europa desde que existen rexistros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade