Publicador de contidos
Publicador de contidos

Polo menos 41 mortos e 14 feridos no incendio dunha igrexa copta no Cairo

Polo menos 41 mortos e 14 feridos no incendio dunha igrexa copta no Cairo

As lapas rexistráronse nun templo copto do barrio de Imbaba por razóns que se descoñecen

Bombeiros traballan na extinción do incendio no Cairo
G24.gal 14/08/2022 13:26 Última actualización 14/08/2022 15:21

Polo menos 41 persoas morreron e outras 14 quedaron feridas nun incendio rexistrado este domingo nunha igrexa cristiá copta ao suroeste do Cairo.

"Un grande incendio tivo lugar na igrexa do mártir Abu Sefein na zona de Imbaba durante a misa da mañá", afirmou a Igrexa copta nun comunicado. Polo momento o Ministerio de Saúde exipcio só informou do "traslado de 55 casos aos hospitais, sen proporcionar datos de falecidos".

Conforme as primeiras investigacións, as lapas orixináronse no segundo andar do edificio da igrexa, onde había varias aulas, debido a un fallo eléctrico nun aparello de aire acondicionado, o que provocou a emisión dunha espesa cantidade de fume, que foi a causa principal das mortes.

Ata a zona enviáronse 30 ambulancias. O incendio bloqueou a saída da igrexa, o que orixinou unha desbandada, xa que se concentraban centos de fieis no servizo relixioso.

O incendio está baixo control pero os bombeiros realizan operacións de arrefriamento que impiden o acceso ao templo, polo que se teme que o número de vítimas poida aumentar nas próximas horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade